martes, 20 de noviembre de 2012

APOIO Ó C.S.O. CASA DO VENTO

O C.S.O. Casa do Vento, en Compostela, dá a voz de alarma, xa que unha constructora iniciou as obras dunha urbanización de luxo, que entre outras desfeitas levaría por diante dito centro social. Dexámosvos un texto copiado do seu blogue:

"A día de domingo continuamos coas permanencias e espérase que mañán as máquinas comezarán a súa desfeita a primeira hora poñendo en risco o proxecto da horta.
Dende a casa facemos un chamamento a vir botarnos unha man mañán pola mañán,e se non, estar alerta para acudir no momento no que sexa necesario para que sexamos moitas, co fin de paralizar esta obra que forma parte dun plan urbanístico que especula e busca a destrucción do entorno do Sarela.
A rasgos xerais, Verde Urbán ten proxectado construir unha chea de vivendas de luxo tildadas de verdes vendéndoas con esloganes como «proxectamos unha forma diferente de vivir, composta de espazo, terra e aire». Para iso, mercaron propidades sen medo, deixaron caer casas para construir sobre elas e intentan convertir unha zona rural cunha veciñanza de sempre nun lugar de «relax» e paseo que consideramos exclusivo para quen ten cartos.
Na parte que toca ao centro social, hai proxectada a construcción de varias vivendas e un camiño de aceso a elas, que segundo os traballadores cos que falamos pretenden comezar para non perder a licenza de obra, pero nin sequera saben se a seguirán neste momento, din que «nun par de anos…». Ademais, entre outras cousas e polo de agora sacaron do seu sitio e desfixeron un cruceiro de pedra polo que segundo un veciño se interpuxo unha denuncia (non temos toda a info), sacaron unha maceira do seu sitio,… Vamos, en definitiva, que creemos que o están facendo de xeito bastante trapicheiro, e co descontento da veciñanza, e claro, tamén do noso.
Infórmate, difunde e achégate contra a especulación inmobiliaria e a defensa dos espazos autoxestionados!"

Deixamos tamén a dirección do blogue do C.S.O. Casa do Vento, ademáis, claro está, de chamar á solidaridade para axudar no que sexa posíbel a este centro social autoxestionado:
http://casadovento.blogaliza.org/

miércoles, 7 de noviembre de 2012

PRÓXIMAS ACTIVIDADES




Informamos das próximas actividades que se celebrarán no CSO Liceo.
O vindeiro sábado día 10 de Novembro ás 18:00 terá lugar unha charla sobre o abuso do ritalín durante a infancia, que estará integrada nas "xornadas anarquistas itinerantes galegas, Novembro negro". 
Deixamos un pequeno resumo dos contidos:

"A ritalinización da infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH, por Lois, farmacéutico, membro da Xuntanza Antiprohibicionista
O compañeiro Lois acercaranos a esta problemática que, para a maior parte da xente, resultará descoñecida, o control por parte do Estado das mentes dos individuos producida de maneira máis agresiva e atinxindo aos primeiros estados das nosas vidas. Explicaranos que unha das formas que asume é a patoloxización do comportamento distinguido ou molesto. O que hoxe chamamos "problemas" cos meniños e meniñas acostumaba a se aceptar como trazos normais da infancia. O meniño impulsivo, espontáneo ou audaz é diagnosticado como hiperactivo (TDAH), e se lle administran remedios como o Ritalin para domalo. Debatiremos se non se abusa do Ritalín para refrear a meniños e meniñas dinámicos que non teñen realmente tal trastorno, senón que moitas das características que se din ser sintomáticas desa suposta doenza non son outra cousa que a defensa dos miúdos contra unha vida demasiado estruturada."

E a partires das 22:00 terá lugar un concerto cós grupos "Bonnie,s Garage" (grunge-Vigo http://www.myspace.com/bonniesgarage) e Takikardia (ska-punk, Barcelona  http://es.myspace.com/takikardiagrup).
Ademáis ó longo dos vindeiros días trataremos de poñer en marcha un obradoiro de teatro, e outro de percusión, polo que agradeceríamos que ós interesados en participar en cada un deles nolo comunicasen ó seguinte correo electrónico:  csoliceo@hotmail.com

Un saúdo





lunes, 29 de octubre de 2012

NOITE DE SAMAÍN NO CSO LICEO

Este mércores día 31 de Outubro a partires das 23:00 terá lugar no CSO Liceo unha festa de temática horror na noite de samáin. Traede os vosos disfraces horrorosos, o máis orixinal terá premio!!
Tamén se realizará o sorteo dun "paquete bomba" que temos preparado, a música correrá a cargo de "Dj Muerte" e "Dynamita Dj", agardamos a vosa asistencia!!!.

martes, 23 de octubre de 2012

MAGOSTO POPULAR NO CSO LICEO

O vindeiro venres día 26 de outubro celebraremos no CSO Liceo o noso "Magosto popular".
A partires das 20:00 horas haberá castañada de balde para todo o mundo, e a partires das 22:00 celebrarase un concerto (tamén de balde) coa actuación dos grupos "Reductorxs de cabezas" (punk hardcore - Vigo http://reductorxs.blogspot.com.es ) e "Vulkano" (rock, Sanxenxo http://www.myspace.com/vulkanovulkano).
Estades todxs convidadxs!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

CAMBIO NO CARTEL DO CONCERTO DO SÁBADO 20

Debido a motivos de saúde, Defekto Óptiko non poderá vir a tocar o sábado 20, no seu lugar actuarán os santomesinos "Satxa na Leira" ( www.myspace.com/satxanaleira )

martes, 9 de octubre de 2012

PRÓXIMAS ACTIVIDADES


Informámosvos das próximas actividades que se realizarán no CSO Liceo, así como das novidades nas actividades permanentes.
Primeiramente anunciamos que os luns  ás 20:00 horas realizaranse sesións de aprendizaxe e adestramento de malabares.
Tamén temos que informar de que o vindeiro venres día 12 de Outubro ás 20:30 terá lugar unha nova asemblea aberta a todo o que queira asistir. Como xa sabedes estas asembleas teñen lugar os venres cada 15 días.
Finalmente convidámosvos a todos aos 2 próximos concertos que terán no CSO Liceo:

-O sábado 20 de Outubro, a partires das 22:00 horas, actuarán os grupos "Dr Slump" (rock dende Ferrol) e o grupo "Satxa na leira" (punk-rock  dende Santomé, www.myspace.com/satxanaleira).

-O domingo día 21 de Outubro a partires das 21:00 horas terá lugar a actuación do grupo francés de Rock&Roll "Orange Macadam" (http://www.myspace.com/orangemacadam007), que están inmersos na súa xira-presentación do seu primeiro cd "Écarlate".

Agardamos a vosa asistencia!!!!

jueves, 20 de septiembre de 2012

CONCERTO ANIVERSARIO "ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA", ASEMBLEA ABERTA E CONCERTO INFECCIÓN+THE BROSAS+THE FÉ KAOS


Comezamos coas actividades outra vez, neste caso anunciamos un concerto polo aniversario da "Asociación pola defensa da ría", que cumple 25 anos de loita na defensa do medio ambiente.
Tamén se quere recordar que 10 anos atrás o petroleiro "Prestige" encheu a costa de chapapote, coas consecuencias que xa sabemos.
O concerto será o venres 28 de Setembro a partires das 22:00 e actuarán as bandas "Solfabirras" e "Helter Skelter", agardamos a vosa presencia!!
Por outra banda anunciamos unha nova asemblea aberta para que toda a xente que queira propoñer, participar ou saber como funcionamos. Será o Venres día 28 de Setembro ás 20:30.
Tamén aproveitamos para facer publicidade do concerto que terá lugar o Venres día 5 de Outubro a partires das 21:30 no CSO Liceo. Desta volta actuarán os grupos "The brosas"(rock & roll dende Burela), "The Fé Kaos" (punk dende Ribeira) e "Infección", grupo punk asturiano que para polo CSO Liceo no medio da súa xira galaica. Coma sempre agardamos a vosa presencia.

lunes, 3 de septiembre de 2012

ASEMBLEA ABERTA

Tras un merecido parón en Agosto volvemos a poñernos en marcha.
Temos case preparadas novas actividades permanentes, así como en breves voltarán a poñerse en marcha algunhas das que se pararón neste verán.
Tamén temos organizados novos concertos e eventos, dos que iremos dando conta neste blogue en canto nos sexa posibel.
Polo de agora informamos de que este venres día 7 ás 20:30 haberá de novo unha asemblea aberta, para que todo o mundo que queira propoñer algo ou conocernos o faga. Estas asembleas voltarán a ser quincenales, coma anteriormente.
Atentos ao blogue porque seguiremos informando.

miércoles, 8 de agosto de 2012

VACACIÓNS DO OBRADOIRO DE EXPRESIÓN CORPORAL

Informamos de que o obradoiro de expresión corporal e danza contemporánea pecha durante Agosto por vacacións, informarémosvos da súa volta (probablemente en Setembro).
Coa pausa deste obradoiro quedamos sen actividades permanentes durante este mes de Agosto (os encargados dos obradoiros gañáronse unhas merecidas vacacións).
Se alguén quere contactar con nós pode vir os Luns entre as 19:00 e as 23:00, que será o horario de permanencias para este mes de Agosto. Tamén podedes contactar con nós escribindo ao seguinte correo: csoliceo@hotmail.com.
Así mesmo comunicámosvos que temos xa en funcionamento a biblioteca, quen queira pode levar un libro para ler, anotándoo no rexistro e devolvéndoo ó rematares.
Tamén temos que informarvos que estamos preparando novas actividades e eventos para o vindeiro mes de Setembro, informaremos neste blogue.

Un saúdo

CSO Liceo

martes, 24 de julio de 2012

VACACIÓNS DO OBRADOIRO DE TEATRO

O obradoiro de teatro da vacacións ata Setembro. Anunciaremos a data na que se volverá a poñer en marcha, cabe destacar que prevese que para Outubro a xente que participa neste obradoiro represente no CSO Liceo unha obra que levan varios meses ensaiando, aínda estás a tempo de participar!

jueves, 12 de julio de 2012

RECITAL AUDIOVISUAL DE POESÍA EVOLUCIONARIA


O domingo día 22 de Xullo contaremos no CSO Liceo có asturiano Miguel Rix, que nos deleitará có seu recital audiovisual, facendo escala no CSO Liceo no medio da súa xira estatal. O espectáculo comezará a partires das 21:30, non faltedes!!

ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades das vindeiras 2 semanas, como novidade destaca o recital audiovisual de poesía combativa a cargo de Miguel Rix (Asturies) o domingo 22 ás 21:30. Agardamos a vosa asistencia.

martes, 26 de junio de 2012

CONCERTOS NO C.S.O LICEO


Nas vindeiras 2 fins de semana terán lugar no C.S.O. Liceo os seguintes concertos:
-O Sábado día 30 de Xuño a partir das 22:00 tocarán os Solfabirras (punk-rock dende Pontevedra). Tra-lo concerto haberá pinchada de música anti-SGAE.
-O Venres día 6 de Xullo a partir das 22:00 terá lugar un concerto presentación do novo CD de Insolbentes "Aprieta". Tocarán os mesmos Insolbentes (punk dende Aldán) e Mortos en Vida (tamén punk dende Aldán).
Non os perdas!!!!

ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades das seguintes 2 semanas. Como actividades destacadas teremos o concerto dos Solfabirras este sábado día 30, e o venres día 6 de Xullo teremos o concerto de Insolbentes e Mortos en Vida, no cal Insolbentes presentarán o seu novo CD.

jueves, 21 de junio de 2012

CAMBIO NAS ACTIVIDADES PERMANENTES

Có motivo da chegada do verán  anúlanse o obradoiro de costura, o de malabares e a proxección de cine infantil, debido á falta de tempo das persoas encargadas. Seguen en pé os obradoiros de expresión corporal e o de teatro. Un saúdo.

martes, 12 de junio de 2012

CHARLA COLOQUIO SOBRE A ESCOLA LIBRE RUKA INCHE

Este Venres día 15 a partires das 21:30 terá lugar no CSO Liceo unha charla-coloquio que inclúe a proxección dun documental sobre a escola libre chilena "Ruka Inche". A charla terá lugar a cargo dun dos participantes na construcción da mesma, e tamén tratará sobre a actual situación do pobo mapuche. Agardamos a vosa asistencia.

CARTAZ SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades desta semana, agardamos a vosa asistencia.

miércoles, 6 de junio de 2012

CARTAZ ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades da semana, que neste caso se resumen ás actividadees permanentes.
Un saúdo!!

lunes, 4 de junio de 2012

ANULADA A FEIRA DE TROCO

Tras moitos domingos organizando a feira de troco  no portal do CSO Liceo decidimos dar por concluída a actividade. O principal motivo é a escasa asistencia que estaba a ter nestas últimas semanas. Un saúdo.

miércoles, 30 de mayo de 2012

ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades da semana cun pouco de retraso, pedimos desculpas.
Cabe destacar que este sábado 2 de xuño ás 19:30 será a marcha contra celulosas, trala cal ofreceremos unha merendola e pincharemos música.

lunes, 21 de mayo de 2012

REESTRUCTURACIÓN DAS ACTIVIDADES PERMANENTES


Debido a diversos motivos (un de eles a inclusión de novas actuvidades) tivemos que reestructurar o calendario de actividades permanentes. 
Os obradoiros de malabares e teatro quedan para os martes, cabe destacar que no obradoiro de teatro, ademáis de aprender trazos básicos da interpretación, iremos ensaiando unha obra que finalmente interpretaremos cara o público, non te cortes e únete.
O obradoiro de expresión corporal e danza contemporánea queda, tal e como estaba, os mércores.
Para os xoves tivemos que eliminar temporalmente as proxeccións de documentais, pero engadimos o novo obradoiro de costura.
Cada dous venres, coma sempre, temos a asemblea aberta a todo aquel que desexe participar.
A proxección infantil e a feira de troco seguen igual, sábado e domingo respectivamente.
Finalmente hai que dicir que case seguro que comezaremos nas vindeiras datas con clases de ioga, ademáis de retomar, en canto poidamos, coas proxeccións de documentais.
Un saúdo.


ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades da semana. A gran novidade é o obradoiro de costura básica, que pasa a ser unha actividade permanente. Agardamos a vosa presencia!!

martes, 15 de mayo de 2012

CONCERTO POLA REVOLTA!!


Este sábado día 19, a partires das 21:30 haberá un concerto hip hop no CSO Liceo. Tocarán os grupos Suzias Ratas (Marín), Noé (Compostela) e Furnier (Compostela). Despóis do concer haberá exibición de break dance e pinchada de música, non faltes!!!

CONCENTRACIÓN ANTICARCELARIA


Este sábado 19 de Maio ás 14:00 horas, terá lugar no aparcadoiro do cárcere da Lama unha concentración contra as torturas nas prisións. Dende o CSO Liceo partirán varios coches ás 12:30 cara a Lama, se queres vir xa sabes, ás 12:30 no CSO.

ANULADAS AS PROXECCIÓNS DE DOCUMENTAIS E CINE INFANTIL

Debido a problemas de loxística (fundamentalmente que non podemos dispoñer dun proxector todo o que nos gustaría), anulamos as proxeccións desta semana, tanto de documental coma de cine infantil.
Agardamos arranxar estes pequenos problemas en breves, desculpen as molestias.

lunes, 14 de mayo de 2012

ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades desta semana. Coma sempre agardamos a vosa asistencia. Cabe destacar que esta semana non poderemos levar a cabo as proxeccións de documentais nin de cine infantil. Desculpen as molestias.

martes, 8 de mayo de 2012

FESTA TEMÁTICA DE MEIGAS E BRUXAS


O vindeiro sábado día 8 a partires das 23:00 terá lugar no CSO Liceo unha festa con temática de meigas e bruxas, na que por suposto non faltará a queimada, agardámosvos.

CAMBIO DE DATA PARA A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE ESTA SEMANA

Por motivos de loxística temos que cambiar a data da proxección do documental de esta semana para o venres ás 20:00. O documental que se proxectará será "De la servidumbre moderna". Desculpen as molestias.

ACTIVIDADES DESTA SEMANA


Colgamos o cartaz das actividades desta semana. Como gran novidade o mércores ás 20:00 terá lugar un obradoiro de expresión corporal e baile contemporáneo, esta actividade pasará a ser permanente, esperamos a vosa asistencia!!!

viernes, 4 de mayo de 2012

ANULADO O CONCERTO DE SOLFABIRRAS

Por motivos de saúde dun dos membros do grupo terase que pospoñer o concerto de Solfabirras. En canto a confirmemos publicamos a nova data.
No lugar dos Solfabirras este sábado tocará un grupo de música flamenca, e ó rematar haberá pinchada de música.
Desculpen as molestias.

miércoles, 2 de mayo de 2012

ANULADA A PROXECCIÓN DE DOCUMENTAL DO XOVES 3

Por motivos de loxística este xoves día 3 non poderemos realizar a proxección de documental (actividade que se ven realizando cada semana). Pedimos desculpas a todxs aqueles que tiñan pensado asistir.

ACTIVIDADES DE SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades para esta semana. Agardamos a vosa asistencia.

martes, 24 de abril de 2012

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ESTEBAN VIDAL


O vindeiro sábado 28 o escritor vilagarcián Esteban Vidal presentará no C.S.O. Liceo o seu libro: "Hacia una nueva edad media global. Maquiavelo y maquiavelismo en la globalización." Déixovos algo de información del e unha sinopsis do libro:

Esteban Vidal é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola
Universidade do País Vasco (UPV-EHU) e posee un Máster Oficial en Estudios
Internacionais. A súa especialidade é a xeopolítica, tema sobre o que
redactou a súa tesina e sobor do que ten publicado diferentes artígos en
revistas científicas e culturais. Participou en cursos e xornadas sobre
relacións internacionais organizados pola Universidade Internacional
Menéndez Pelayo, é un amplio coñecedor da realidade política e social dos
países da Europa central y da antiga Iugoslavia ós que ten viaxado. "

SINOPSIS:
Os programas de reducción drástica da poboación mundial, a privatización do
poder político por multinacionais e bancos, a destrucción da economía real,
a violación da soberanía dos Estados por organismos supranacionais son,
todos eles, rasgos definitorios da globalización que nos encamiña hacia
unha nova idade media.
A ambición dunha elite bancaria mundial que aspira a establecer o sistema
máis despótico que xamáis houbera na historia ocasionou a progresiva perda
de poder dos cidadáns. Institucións globais compostas por individuos non
elexidos por ninguén que no responden dos seus actos gobernan as vidas dos
ciudadáns. Pero ainda quedan alternativas para que a sociedade recupere o
seu poder e frene este atropelo."

PROXECCIÓN INFANTIL: SCOOBY DOO


Este Sábado 28 ás 11:30 continuaremos co ciclo de proxeccións infantís, a película escollida para esta ocasión será "SCOOBY DOO".

ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades da semana, como novidade os obradoiros de malabares e teatro que pasan a ser actividades permanentes dos luns.Esperamos a vosa asistencia!!

martes, 17 de abril de 2012

PROXECCIÓN INFANTIL: "ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS"


Este sábado día 21 de abril ás 11:30 continuaremos o ciclo de proxeccións infantís, o filme escollido para esta ocasión será unha extraña versión de "Alicia en el país de las maravillas".

FESTA RASTA SOUND SYSTEM


Para este venres 20 temos preparada unha festa rasta sound system, na que se pinchará música reggae, hip hop, drum&bass, ragga etc... A festa comezará a partires das 23:00.

ASEMBLEA ABERTA


O próximo venres día 20 ás 20:30 terá lugar no CSO Liceo unha asemblea aberta a todas as persoas interesadas en participar, propoñer ou coñecer o centro social, na cal se fará unha presentación do centro social, anímate a formar parte do proxecto!!

ACTIVIDADES DA SEMANA


Aquí vos deixamos o cartaz coas actividades desta semana. Agardamos a vosa asistencia.

sábado, 14 de abril de 2012

CONCERTO: "MODUS VIVENDI"


Concerto acústico có grupo "Modus Vivendi" este sábado día 14 a partires das 22:00. Agardamos a vosa asistencia.

jueves, 12 de abril de 2012

ASEMBLEA ABERTA


Este venres día 13 ás 20:30 horas terá lugar a primeira asemblea aberta do centro social, á que poderán asistir todas as persoas que o desexen, para propoñer, debatir ou simplemente para saber como funciona o CSO Liceo.

martes, 10 de abril de 2012

PROYECCIÓN INFANTIL


Este sábado 14 de abril a las 11:30 continuamos con el ciclo de proyecciones infantiles, en este caso se proyectará la película "La novia cadáver".

FIESTA TEMÁTICA HORROROSA


Este Viernes día 13 a partir de las 23:00 tendrá lugar una fiesta horror en el CSO Liceo, atuendos oscuros, muertos vivientes y sobre todo sangre!! Estáis todos invitados.

ACTIVIDADES DE LA SEMANA


Colgamos el cartaz con las actividades de esta semana, lo iremos actualizando a medida que confirmemos nuevos eventos.

sábado, 7 de abril de 2012

jueves, 5 de abril de 2012

CHARLA COLOQUIO: PROTECCIÓN DOS MONTES DO MORRAZO


CINE INFANTIL: PESADILLA ANTES DE NAVIDAD



Este sábado 7 comeza o ciclo de proxeccións infantís que terán lugar con regularidade os sábados pola mañán.
Para esta fin de semana o filme escollido será "Pesadilla antes de Navidad".

FESTA FUNKY - HORTERA


Un atuendo pintoresco e un bo ambiente para pasar unha noite formidable, na que a música correrá a cargo de DJ Armada. Será o Venres a partir das 21:30.
Haberá premio ó atuendo máis hortera!!!

ACTIVIDADES 6 DE ABRIL - 8 DE ABRIL


Colgamos o cartaz coas actividades programadas para esta fin de semana. Como novidade comezamos as proxeccións de cine infantil que se farán con regularidade os sábados pola mañán, ó igual que se facía antigamente neste mesmo edificio.
Esperamos a vosa asistencia!!

martes, 3 de abril de 2012

ACTIVIDADES 31 DE MARZO - 01 DE ABRIL

A semana pasada comezamos a nosa labor na creación deste novo espazo liberado, organizando xa algunhas actividades na fin de semana.
Durante toda a fin de semana púidose desfrutar dunha exposición de fotos sobre a ocupación, e algúns dos traballos de restauración que tivemos que facer. O sábado pola noite organizouse un concerto acústico e o domingo unha feira de troco coa participación da veciñanza.
Continuaremos publicando as nosas actividades neste blogue.

lunes, 2 de abril de 2012

COMUNICADO DO NOVO CENTRO SOCIAL OKUPADO LICEO ÓS VECIÑOS DE MARÍN E PONTEVEDRA

Máis alá dos prexuízos, está a realidade e para que se coñeza a nosa realidade, lanzamos este comunicado a toda a veciñanza do C.S.O. Liceo (Marín e Pontevedra) que bota a andar estes días.
1º resaltar que o edificio do Liceo atopábase en total e evidente estado de abandono dende fai moitos anos, (para xs que din que nos vamos metendo na casa da xente) estamos a facer traballos de limpeza e obras de restauración en todo o edificio có fin de acondicionalo como un centro social, donde experimentar e aprender a relacionarnos de igual a igual, sen xerarquías e tamén desenrolar actividades culturais, informativas etc... das que iremos dando información periódicamente.
Parécenos importante a vosa implicación, xa que pretendemos ser un centro social para o pobo e xestionado polo pobo, por iso estamos abertos a propostas, que podedes formular nas asambleas abertas que se celebren, das que tamén vos iremos informando.
As cousas non cambiarán se non as cambiamos nós, estámoste agardando.

MANIFESTO DE OKUPACION




Este manifesto pretende ser a voz de todolxs perxudicadxs por un reparto inxusto. Nos poñemos cara a todolxs que se reparten as sobras dxs que van sobradxs. Somos todolxs que non temos un fogar nun pobo cheo de casas condeadas o abandono pola soberbia, non e por diversión…ainda que as veces tamen nos divirtimos, nin e por provocar… xa sabemos quenes se daran por provocadxs, e a necesidade vital a que nos leva a okupar. Nun mundo baseado na rentabilidade non temos collida por iso, buscamos e liberamos este espazo totalmente esquecido e condeado a caerse en anecos pola indeferencia dos seus donos, buscamos abrir espazos para debatir, espazos culturais, e informativos, creamos lugares para o pobo onde o pobo poda relizarse a si mesmx, compartindo, respetando e confiando, de igual a igual sen rendires preitesia a nada nin a ninguen.
Xs de sempre, trataran de facelo seu traballo para votarnos, para que todo siga igual, elxs enrriba e nos abaixo manipulando a realidade da maneira qe mais lles conveña. Nos invitamoste a vir e participar nas asembleas para que quites as tuas propias conclusións.