miércoles, 7 de noviembre de 2012

PRÓXIMAS ACTIVIDADES




Informamos das próximas actividades que se celebrarán no CSO Liceo.
O vindeiro sábado día 10 de Novembro ás 18:00 terá lugar unha charla sobre o abuso do ritalín durante a infancia, que estará integrada nas "xornadas anarquistas itinerantes galegas, Novembro negro". 
Deixamos un pequeno resumo dos contidos:

"A ritalinización da infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH, por Lois, farmacéutico, membro da Xuntanza Antiprohibicionista
O compañeiro Lois acercaranos a esta problemática que, para a maior parte da xente, resultará descoñecida, o control por parte do Estado das mentes dos individuos producida de maneira máis agresiva e atinxindo aos primeiros estados das nosas vidas. Explicaranos que unha das formas que asume é a patoloxización do comportamento distinguido ou molesto. O que hoxe chamamos "problemas" cos meniños e meniñas acostumaba a se aceptar como trazos normais da infancia. O meniño impulsivo, espontáneo ou audaz é diagnosticado como hiperactivo (TDAH), e se lle administran remedios como o Ritalin para domalo. Debatiremos se non se abusa do Ritalín para refrear a meniños e meniñas dinámicos que non teñen realmente tal trastorno, senón que moitas das características que se din ser sintomáticas desa suposta doenza non son outra cousa que a defensa dos miúdos contra unha vida demasiado estruturada."

E a partires das 22:00 terá lugar un concerto cós grupos "Bonnie,s Garage" (grunge-Vigo http://www.myspace.com/bonniesgarage) e Takikardia (ska-punk, Barcelona  http://es.myspace.com/takikardiagrup).
Ademáis ó longo dos vindeiros días trataremos de poñer en marcha un obradoiro de teatro, e outro de percusión, polo que agradeceríamos que ós interesados en participar en cada un deles nolo comunicasen ó seguinte correo electrónico:  csoliceo@hotmail.com

Un saúdo





No hay comentarios:

Publicar un comentario