miércoles, 30 de mayo de 2012

ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades da semana cun pouco de retraso, pedimos desculpas.
Cabe destacar que este sábado 2 de xuño ás 19:30 será a marcha contra celulosas, trala cal ofreceremos unha merendola e pincharemos música.

lunes, 21 de mayo de 2012

REESTRUCTURACIÓN DAS ACTIVIDADES PERMANENTES


Debido a diversos motivos (un de eles a inclusión de novas actuvidades) tivemos que reestructurar o calendario de actividades permanentes. 
Os obradoiros de malabares e teatro quedan para os martes, cabe destacar que no obradoiro de teatro, ademáis de aprender trazos básicos da interpretación, iremos ensaiando unha obra que finalmente interpretaremos cara o público, non te cortes e únete.
O obradoiro de expresión corporal e danza contemporánea queda, tal e como estaba, os mércores.
Para os xoves tivemos que eliminar temporalmente as proxeccións de documentais, pero engadimos o novo obradoiro de costura.
Cada dous venres, coma sempre, temos a asemblea aberta a todo aquel que desexe participar.
A proxección infantil e a feira de troco seguen igual, sábado e domingo respectivamente.
Finalmente hai que dicir que case seguro que comezaremos nas vindeiras datas con clases de ioga, ademáis de retomar, en canto poidamos, coas proxeccións de documentais.
Un saúdo.


ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades da semana. A gran novidade é o obradoiro de costura básica, que pasa a ser unha actividade permanente. Agardamos a vosa presencia!!

martes, 15 de mayo de 2012

CONCERTO POLA REVOLTA!!


Este sábado día 19, a partires das 21:30 haberá un concerto hip hop no CSO Liceo. Tocarán os grupos Suzias Ratas (Marín), Noé (Compostela) e Furnier (Compostela). Despóis do concer haberá exibición de break dance e pinchada de música, non faltes!!!

CONCENTRACIÓN ANTICARCELARIA


Este sábado 19 de Maio ás 14:00 horas, terá lugar no aparcadoiro do cárcere da Lama unha concentración contra as torturas nas prisións. Dende o CSO Liceo partirán varios coches ás 12:30 cara a Lama, se queres vir xa sabes, ás 12:30 no CSO.

ANULADAS AS PROXECCIÓNS DE DOCUMENTAIS E CINE INFANTIL

Debido a problemas de loxística (fundamentalmente que non podemos dispoñer dun proxector todo o que nos gustaría), anulamos as proxeccións desta semana, tanto de documental coma de cine infantil.
Agardamos arranxar estes pequenos problemas en breves, desculpen as molestias.

lunes, 14 de mayo de 2012

ACTIVIDADES DA SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades desta semana. Coma sempre agardamos a vosa asistencia. Cabe destacar que esta semana non poderemos levar a cabo as proxeccións de documentais nin de cine infantil. Desculpen as molestias.

martes, 8 de mayo de 2012

FESTA TEMÁTICA DE MEIGAS E BRUXAS


O vindeiro sábado día 8 a partires das 23:00 terá lugar no CSO Liceo unha festa con temática de meigas e bruxas, na que por suposto non faltará a queimada, agardámosvos.

CAMBIO DE DATA PARA A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE ESTA SEMANA

Por motivos de loxística temos que cambiar a data da proxección do documental de esta semana para o venres ás 20:00. O documental que se proxectará será "De la servidumbre moderna". Desculpen as molestias.

ACTIVIDADES DESTA SEMANA


Colgamos o cartaz das actividades desta semana. Como gran novidade o mércores ás 20:00 terá lugar un obradoiro de expresión corporal e baile contemporáneo, esta actividade pasará a ser permanente, esperamos a vosa asistencia!!!

viernes, 4 de mayo de 2012

ANULADO O CONCERTO DE SOLFABIRRAS

Por motivos de saúde dun dos membros do grupo terase que pospoñer o concerto de Solfabirras. En canto a confirmemos publicamos a nova data.
No lugar dos Solfabirras este sábado tocará un grupo de música flamenca, e ó rematar haberá pinchada de música.
Desculpen as molestias.

miércoles, 2 de mayo de 2012

ANULADA A PROXECCIÓN DE DOCUMENTAL DO XOVES 3

Por motivos de loxística este xoves día 3 non poderemos realizar a proxección de documental (actividade que se ven realizando cada semana). Pedimos desculpas a todxs aqueles que tiñan pensado asistir.

ACTIVIDADES DE SEMANA


Colgamos o cartaz coas actividades para esta semana. Agardamos a vosa asistencia.