lunes, 2 de abril de 2012

COMUNICADO DO NOVO CENTRO SOCIAL OKUPADO LICEO ÓS VECIÑOS DE MARÍN E PONTEVEDRA

Máis alá dos prexuízos, está a realidade e para que se coñeza a nosa realidade, lanzamos este comunicado a toda a veciñanza do C.S.O. Liceo (Marín e Pontevedra) que bota a andar estes días.
1º resaltar que o edificio do Liceo atopábase en total e evidente estado de abandono dende fai moitos anos, (para xs que din que nos vamos metendo na casa da xente) estamos a facer traballos de limpeza e obras de restauración en todo o edificio có fin de acondicionalo como un centro social, donde experimentar e aprender a relacionarnos de igual a igual, sen xerarquías e tamén desenrolar actividades culturais, informativas etc... das que iremos dando información periódicamente.
Parécenos importante a vosa implicación, xa que pretendemos ser un centro social para o pobo e xestionado polo pobo, por iso estamos abertos a propostas, que podedes formular nas asambleas abertas que se celebren, das que tamén vos iremos informando.
As cousas non cambiarán se non as cambiamos nós, estámoste agardando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario