martes, 24 de abril de 2012

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ESTEBAN VIDAL


O vindeiro sábado 28 o escritor vilagarcián Esteban Vidal presentará no C.S.O. Liceo o seu libro: "Hacia una nueva edad media global. Maquiavelo y maquiavelismo en la globalización." Déixovos algo de información del e unha sinopsis do libro:

Esteban Vidal é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola
Universidade do País Vasco (UPV-EHU) e posee un Máster Oficial en Estudios
Internacionais. A súa especialidade é a xeopolítica, tema sobre o que
redactou a súa tesina e sobor do que ten publicado diferentes artígos en
revistas científicas e culturais. Participou en cursos e xornadas sobre
relacións internacionais organizados pola Universidade Internacional
Menéndez Pelayo, é un amplio coñecedor da realidade política e social dos
países da Europa central y da antiga Iugoslavia ós que ten viaxado. "

SINOPSIS:
Os programas de reducción drástica da poboación mundial, a privatización do
poder político por multinacionais e bancos, a destrucción da economía real,
a violación da soberanía dos Estados por organismos supranacionais son,
todos eles, rasgos definitorios da globalización que nos encamiña hacia
unha nova idade media.
A ambición dunha elite bancaria mundial que aspira a establecer o sistema
máis despótico que xamáis houbera na historia ocasionou a progresiva perda
de poder dos cidadáns. Institucións globais compostas por individuos non
elexidos por ninguén que no responden dos seus actos gobernan as vidas dos
ciudadáns. Pero ainda quedan alternativas para que a sociedade recupere o
seu poder e frene este atropelo."

No hay comentarios:

Publicar un comentario