miércoles, 7 de noviembre de 2012

PRÓXIMAS ACTIVIDADES




Informamos das próximas actividades que se celebrarán no CSO Liceo.
O vindeiro sábado día 10 de Novembro ás 18:00 terá lugar unha charla sobre o abuso do ritalín durante a infancia, que estará integrada nas "xornadas anarquistas itinerantes galegas, Novembro negro". 
Deixamos un pequeno resumo dos contidos:

"A ritalinización da infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH, por Lois, farmacéutico, membro da Xuntanza Antiprohibicionista
O compañeiro Lois acercaranos a esta problemática que, para a maior parte da xente, resultará descoñecida, o control por parte do Estado das mentes dos individuos producida de maneira máis agresiva e atinxindo aos primeiros estados das nosas vidas. Explicaranos que unha das formas que asume é a patoloxización do comportamento distinguido ou molesto. O que hoxe chamamos "problemas" cos meniños e meniñas acostumaba a se aceptar como trazos normais da infancia. O meniño impulsivo, espontáneo ou audaz é diagnosticado como hiperactivo (TDAH), e se lle administran remedios como o Ritalin para domalo. Debatiremos se non se abusa do Ritalín para refrear a meniños e meniñas dinámicos que non teñen realmente tal trastorno, senón que moitas das características que se din ser sintomáticas desa suposta doenza non son outra cousa que a defensa dos miúdos contra unha vida demasiado estruturada."

E a partires das 22:00 terá lugar un concerto cós grupos "Bonnie,s Garage" (grunge-Vigo http://www.myspace.com/bonniesgarage) e Takikardia (ska-punk, Barcelona  http://es.myspace.com/takikardiagrup).
Ademáis ó longo dos vindeiros días trataremos de poñer en marcha un obradoiro de teatro, e outro de percusión, polo que agradeceríamos que ós interesados en participar en cada un deles nolo comunicasen ó seguinte correo electrónico:  csoliceo@hotmail.com

Un saúdo





lunes, 29 de octubre de 2012

NOITE DE SAMAÍN NO CSO LICEO

Este mércores día 31 de Outubro a partires das 23:00 terá lugar no CSO Liceo unha festa de temática horror na noite de samáin. Traede os vosos disfraces horrorosos, o máis orixinal terá premio!!
Tamén se realizará o sorteo dun "paquete bomba" que temos preparado, a música correrá a cargo de "Dj Muerte" e "Dynamita Dj", agardamos a vosa asistencia!!!.

martes, 23 de octubre de 2012

MAGOSTO POPULAR NO CSO LICEO

O vindeiro venres día 26 de outubro celebraremos no CSO Liceo o noso "Magosto popular".
A partires das 20:00 horas haberá castañada de balde para todo o mundo, e a partires das 22:00 celebrarase un concerto (tamén de balde) coa actuación dos grupos "Reductorxs de cabezas" (punk hardcore - Vigo http://reductorxs.blogspot.com.es ) e "Vulkano" (rock, Sanxenxo http://www.myspace.com/vulkanovulkano).
Estades todxs convidadxs!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

CAMBIO NO CARTEL DO CONCERTO DO SÁBADO 20

Debido a motivos de saúde, Defekto Óptiko non poderá vir a tocar o sábado 20, no seu lugar actuarán os santomesinos "Satxa na Leira" ( www.myspace.com/satxanaleira )

martes, 9 de octubre de 2012

PRÓXIMAS ACTIVIDADES


Informámosvos das próximas actividades que se realizarán no CSO Liceo, así como das novidades nas actividades permanentes.
Primeiramente anunciamos que os luns  ás 20:00 horas realizaranse sesións de aprendizaxe e adestramento de malabares.
Tamén temos que informar de que o vindeiro venres día 12 de Outubro ás 20:30 terá lugar unha nova asemblea aberta a todo o que queira asistir. Como xa sabedes estas asembleas teñen lugar os venres cada 15 días.
Finalmente convidámosvos a todos aos 2 próximos concertos que terán no CSO Liceo:

-O sábado 20 de Outubro, a partires das 22:00 horas, actuarán os grupos "Dr Slump" (rock dende Ferrol) e o grupo "Satxa na leira" (punk-rock  dende Santomé, www.myspace.com/satxanaleira).

-O domingo día 21 de Outubro a partires das 21:00 horas terá lugar a actuación do grupo francés de Rock&Roll "Orange Macadam" (http://www.myspace.com/orangemacadam007), que están inmersos na súa xira-presentación do seu primeiro cd "Écarlate".

Agardamos a vosa asistencia!!!!

jueves, 20 de septiembre de 2012

CONCERTO ANIVERSARIO "ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA", ASEMBLEA ABERTA E CONCERTO INFECCIÓN+THE BROSAS+THE FÉ KAOS


Comezamos coas actividades outra vez, neste caso anunciamos un concerto polo aniversario da "Asociación pola defensa da ría", que cumple 25 anos de loita na defensa do medio ambiente.
Tamén se quere recordar que 10 anos atrás o petroleiro "Prestige" encheu a costa de chapapote, coas consecuencias que xa sabemos.
O concerto será o venres 28 de Setembro a partires das 22:00 e actuarán as bandas "Solfabirras" e "Helter Skelter", agardamos a vosa presencia!!
Por outra banda anunciamos unha nova asemblea aberta para que toda a xente que queira propoñer, participar ou saber como funcionamos. Será o Venres día 28 de Setembro ás 20:30.
Tamén aproveitamos para facer publicidade do concerto que terá lugar o Venres día 5 de Outubro a partires das 21:30 no CSO Liceo. Desta volta actuarán os grupos "The brosas"(rock & roll dende Burela), "The Fé Kaos" (punk dende Ribeira) e "Infección", grupo punk asturiano que para polo CSO Liceo no medio da súa xira galaica. Coma sempre agardamos a vosa presencia.

lunes, 3 de septiembre de 2012

ASEMBLEA ABERTA

Tras un merecido parón en Agosto volvemos a poñernos en marcha.
Temos case preparadas novas actividades permanentes, así como en breves voltarán a poñerse en marcha algunhas das que se pararón neste verán.
Tamén temos organizados novos concertos e eventos, dos que iremos dando conta neste blogue en canto nos sexa posibel.
Polo de agora informamos de que este venres día 7 ás 20:30 haberá de novo unha asemblea aberta, para que todo o mundo que queira propoñer algo ou conocernos o faga. Estas asembleas voltarán a ser quincenales, coma anteriormente.
Atentos ao blogue porque seguiremos informando.