Dende
a asamblea do xa desaparecido CSO Liceo queremos comunicar o cese de
toda actividade no mesmo, dende o xoves 31 de xaneiro,os
motivos son os seguintes:
A
persoa representante dxs propietarixs do inmoble chegou, nun
momento no que non había nadie no edificio, acompañada dos medios,
dos traballadores dunha empresa contratada anteriormente e da policía
local de Pontevedra, para colocar unas planchas de aceiro nas
principales entradas do CSO.
A
representante non so tapiou os principais accesos, senon que retirou
do inmoble varias das nosas pertenzas. E todo isto co proceso penal
aberto, sen orde do xuiz.
Ante
isto nós tiñamos unha solución ben doada, denunciar, gañar tempo,
e de paso tentar sacar da porta por una larga tempada a toda a
madera (que xa levaban tempo enriba nosa). A pesar disto, na asemblea
de urxencia que convocamos, saíron á luz os pensamentos que viñamos
tendo nos últimos tempos. É dicir, a falta de ánimo para seguir
coa okupación, por mor dos poucos que eramos (menos que ó
principio), os conflictos internos e a falta de organización.
A
pesar disto, dos erros que puidemos ter, dos conflictos coa policía
local ou do acoso por parte do concello de Pontevedra, cabe destacar
a boa experiencia que o CSO Liceo foi para todxs nós, e agardamos
que tamén para vós, e sentímonos orguiosxs de crear, durante estes
10 meses un espacio liberado na vila de Marín.
Saúde
No hay comentarios:
Publicar un comentario