martes, 24 de julio de 2012
VACACIÓNS DO OBRADOIRO DE TEATRO
O obradoiro de teatro da vacacións ata Setembro. Anunciaremos a data na que se volverá a poñer en marcha, cabe destacar que prevese que para Outubro a xente que participa neste obradoiro represente no CSO Liceo unha obra que levan varios meses ensaiando, aínda estás a tempo de participar!
jueves, 12 de julio de 2012
RECITAL AUDIOVISUAL DE POESÍA EVOLUCIONARIA
O domingo día 22 de Xullo contaremos no CSO Liceo có asturiano Miguel Rix, que nos deleitará có seu recital audiovisual, facendo escala no CSO Liceo no medio da súa xira estatal. O espectáculo comezará a partires das 21:30, non faltedes!!
ACTIVIDADES DA SEMANA
Colgamos o cartaz coas actividades das vindeiras 2 semanas, como novidade destaca o recital audiovisual de poesía combativa a cargo de Miguel Rix (Asturies) o domingo 22 ás 21:30. Agardamos a vosa asistencia.
martes, 26 de junio de 2012
CONCERTOS NO C.S.O LICEO
Nas vindeiras 2 fins de semana terán lugar no C.S.O. Liceo os seguintes concertos:
-O Sábado día 30 de Xuño a partir das 22:00 tocarán os Solfabirras (punk-rock dende Pontevedra). Tra-lo concerto haberá pinchada de música anti-SGAE.
-O Venres día 6 de Xullo a partir das 22:00 terá lugar un concerto presentación do novo CD de Insolbentes "Aprieta". Tocarán os mesmos Insolbentes (punk dende Aldán) e Mortos en Vida (tamén punk dende Aldán).
Non os perdas!!!!
ACTIVIDADES DA SEMANA
Colgamos o cartaz coas actividades das seguintes 2 semanas. Como actividades destacadas teremos o concerto dos Solfabirras este sábado día 30, e o venres día 6 de Xullo teremos o concerto de Insolbentes e Mortos en Vida, no cal Insolbentes presentarán o seu novo CD.
jueves, 21 de junio de 2012
CAMBIO NAS ACTIVIDADES PERMANENTES
Có motivo da chegada do verán anúlanse o obradoiro de costura, o de malabares e a proxección de cine infantil, debido á falta de tempo das persoas encargadas. Seguen en pé os obradoiros de expresión corporal e o de teatro. Un saúdo.
martes, 12 de junio de 2012
CHARLA COLOQUIO SOBRE A ESCOLA LIBRE RUKA INCHE
Este Venres día 15 a partires das 21:30 terá lugar no CSO Liceo unha charla-coloquio que inclúe a proxección dun documental sobre a escola libre chilena "Ruka Inche". A charla terá lugar a cargo dun dos participantes na construcción da mesma, e tamén tratará sobre a actual situación do pobo mapuche. Agardamos a vosa asistencia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




